Herbario dixital
A fascinación pola natureza, a fotografía, o traballo ao aire libre e a ansia de coñecer a contorna natural da nosa vila natal, foron os principais motivos que nos levaron a comezar este proxecto durante a nosa beca no Concello de Cervo.
A través deste herbario dixital buscamos contribuir á visibilización e posta en valor da diversidade vexetal da nosa contorna reunindo unha colección de plantas que se poden atopar no entorno do municipio e compartíndoas coas nosas veciñas e veciños. Deste xeito, todo aquel que teña interese poderá descubrir a variedade de especies que fumos recollendo ata o día de hoxe.
Esperamos que vos guste!
Bibliografía
A Chave. (2020). Os nomes galegos das plantas e árbores (2nd ed.). Xinzo de Limia (Ourense).
García, X. (1991). Guía das plantas con flores de Galicia. Vigo: Xerais.
Herbario de la Universidad Pública de Navarra. (2021). http://www.unavarra.es/herbario/index.htm
Identificar, explorar y compartir tus observaciones sobre plantas silvestres. (2021). https://identify.plantnet.org/es
Flora de Galicia. (2021). https://floradegalicia.wordpress.com/
Flora Vascular - Toda la información detallada sobre la Flora Vascular | BioScripts.net. (2021). https://www.floravascular.com/
Naturaleza y turismo. (2021). https://www.asturnatura.com/
Plantas y Hongos. (2021). https://www.plantasyhongos.es/
COÑÉCENOS
Elisa Rodríguez
Cervense e bióloga, interésanme dende hai uns anos as posibilidades da agroecoloxía como alternativa á produción agrícola intensiva. Quero seguir formándome neste campo e gustaríame especializarme en bioloxía vexetal. Encántame aprender cousas novas, especialmente se están relacionadas coa natureza.
Uxía Treitas
Nacida en Cervo e graduada en Belas artes, son a encargada da fotografía e o deseño deste proxecto.
O gusto pola fotografía vénme dende ben pequena, cando collía a cámara de meus pais para capturar todo canto atopaba. Vivindo nunha terra como a nosa, a conexión coa natureza é casi inevitable e, no meu caso, gústame reivindicar a súa importancia a través da arte.